24 jun 2018

GRAZAS CHIC@S !

PODERÍA DECIR MOITÍSIMAS COUSAS MARABILLOSAS DE TOD@S...
COMPARTIMOS MOITO AO LONGO DESTES TRES CURSOS, E QUERO DARVOS AS GRAZAS POR APORTARME TANTO, PERSOAL E PROFESIONALMENTE.
GRAZAS POR RECORDARME CADA DÍA QUE AMO ESTA PROFESIÓN.
SEGUIDE CRECENDO, VOANDO...
DESÉXOVOS SOBRE TODO MOITA FELICIDADE E ILUSIÓN EN TODO O QUE FAGADES.

SODES ÚNIC@S.



UN BICO ENORME DA PROFE NATALIA.

20 jun 2018

SAÍDA O CHANTO

NON PODÍAMOS ACABAR O CURSO SEN FACER UNHA VISITA O CHANTO, PARQUE QUE NOS QUEDA MOI PRETO DO COLE E QUE OS NENOS E NENAS DISFRUTAN MOITO.
POLO CAMIÑO FOMOS BUSCANTO UN ÁRBOL DE MOREIRA, XA QUE AS SÚAS FOLLAS SON AS   ÚNICAS  QUE COMEN OS VERMES DE SEDA, TEMOS UNHA NO APARCAMENTO DO COLE, PERO ATOPAMOS DÚAS MÁIS NO CHANTO...
QUE BONITO É OBSERVAR A NATUREZA!



O NOSO DRAGÓN


TIÑAMOS QUE CONSTRUIR UN GRAN DRAGÓN CHINO, ASÍ QUE COMBINAMOS ACTIVIDADE INDIVIDUAL E GRUPAL PARA FACER ESTA NOVA CREACIÓN,
 E DISFRUTAR TOD@S DELA.
 ASÍ QUE TÓDOLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS TRABALLARON CONXUNTAMENTE...
BEN FEITO CHIC@S!




RAMÓN, O DRAGÓN...

A MÚSICA FORMA PARTE DO NOSO DÍA A DÍA. AOS PEQUES ENCÁNTALLES BAILAR, ESCOITAR, CANTAR...ASÍ QUE INTENTAMOS, EN CADA PROXECTO,BUSCAR CANCIÓNS E ANIMACIÓNS RELACIONADAS COS TEMAS QUE TRABALLAMOS...NESTA OCASIÓN ATOPAMOS ESTA CANCIÓN DO DRAGÓN RAMÓN...



VERMES DE SEDA


HAI DOUS TIPOS DE OBSERVACIÓN, UNHA INDIRECTA, A TRAVÉS DESTE VIDEO,ONDE NOS PODEMOS VER COMO SE FORMA A SEDA E SE TRANSFORMAN OS VERMES EN BOLBORETAS...E LOGO HAI UNHA OBSERVACIÓN DIRECTA, QUE É A MILLOR,SEN DÚBIDA. TIVEMOS A SORTE DE QUE OS COMPAÑEIROS DE 4 ANOS ESTÁN INVESTIGANDO  OS VERMIÑOS NA CLASE, ASÍ QUE PEDÍMOSLLOS PRESTADOS PARA PODER VERLOS E OBSERVALOS CON LUPA....




7 jun 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


QUE MILLOR MANEIRA DE CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE QUE PLANTANDO ÁRBORES: CARBALLOS E PRADOEIRAS... O DÍA NON ACOMPAÑOU MOITO POLA CHUVIA PERO FOI UNHA BOA EXPERIENCIA..






INVENTOS


OS CHINOS INVENTARON MOITAS COUSAS QUE USAMOS NA NOSA VIDA COTIDIANA, ADEMÁIS DE OUTROS INVENTOS MOI IMPORTANTES AO LONGO DA HISTORIA:
A CARRETILLA, A PÓLVORA, A PASTA, A CERÁMICA, A SEDA, A BRÚXULA, O COMPÁS, O PARAUGAS, O PAPEL,  A IMPRENTA, A COMETA...

POR QUE INVENTARON TANTAS COUSAS?
TRABALLAMOS A PACIENCIA COMO VALOR NECESARIO PARA O DESENVOLVEMENTO DA PERSONALIDADE E DE TODAS AS DEMAIS CAPACIDADES.

TANGRAM



(PINCHA PARA XOGAR)

O TANGRAM É UN ROMPECABEZAS CHINO, CHAMADO TAMÉN: "XOGO DOS SETE ELEMENTOS" , "TÁBOA DA SABIDURÍA" OU " TÁBOA DA SAGACIDADE"... 
CON SETE PEZAS PODEMOS CREAR 1.600 FIGURAS DIFERENTES QUE REPRESENTAN PERSOAS, ANIMAIS.OBXECTOS...
OS BENEFICIOS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS DIFERENTES INTELIXENCIAS NOS NENOS E NENAS SON MOITOS:

*  MEMORIA  E PERCEPCIÓN VISUAL
* COORDINACIÓN VISOMANUAL
* DISCRIMINACIÓN FONDO-FORMA
* ATENCIÓN
* PACIENCIA
* OBSSERVACIÓN
* REPRESENTACIÓN DA REALIDADE.
* ESTRUCTURACIÓN DO ESPCIO
* APRENDIZAXE DA XEOMETRÍA: FIGURAS PLANAS
* COÑECEMENTO LÓXICO-MATEMÁTICO
* CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN




28 may 2018

DRAGÓNS

O DRAGÓN CHINO É UNHA CRIATURA SABIA E PODEROSA. . AO LONGO DA HISTORIA, O DRAGÓN SEMPRE PERMANECEU NO CORAZÓN DO POBO CHINÉS, COMO SÍMBOLO INDISCUTIBLE DA SÚA CIVILIZACIÓN. 
SON MOITAS AS LENDAS , CONTOS E HISTORIAS ONDE OS DRAGÓNS SON OS PROTAGONISTAS. IMOS CENTRARNOS NUN DOS MAIS SIMBÓLICOS E  COÑECIDOS

" A LENDA DOS CATRO DRAGÓNS"



INVENTAMOS A CARA DO NOSO DRAGÓN, CADA NEN@ DIBUXOU UNHA PARTE E LOGO COLOREARON DUN XEITO GRUPAL, ONDE A COLABORACIÓN É O OBXECTIVO PRINCIPAL, XA QUE CONLEVA: RESPECTO, COMPAÑERISMO, ALABANZA DO TRABALLO DOS DEMAIS, DISFRUTE POR COMPARTIR...





CHINA


EN ASIA, IMOS FACER UNHA PARADA EN CHINA...PAÍS QUE LLES CHAMA MOITO A ATENCIÓN AOS NENOS E NENAS POR QUE DIN QUE SON MOI DIFERENTES A NÓS.

QUE SABEMOS DE CHINA?
NA ASAMBLEA FALAMOS SOBRE CHINA, E DIXERON TODO O QUE SABÍAN:
- TEÑEN OS OLLOS ACHINADOS
- COMEN MOITO ARROZ
- EN CHINA HAI OSOS PANDA E COMEN BAMBÚ
- COMEN CON PALILLOS
- AS SÚAS CASAS NON SON COMO AS NOSAS
- FAN KUNG FU
- A BANDEIRA É ROJA, POR  QUE A VIRON NUNHA FEIRA...

QUE QUEREMOS SABER?
POIS IMOS CENTRARNOS OS SEGUINTES ASPECTOS:
* ASPECTO FÍSICO ( OLLOS, COR PEL, PELO, VESTIMENTA ...)
* COSTUMES: IMPORTANCIA DOS DRAGÓNS
* CÓMO ESCRIBEN? NOMES EN CHINO
* COMO SON AS SÚAS CASAS?
* QUE COMEN E COMO COMEN?
* INVENTOS CHINOS IMPORTANTES NO MUNDO: PAPEL, CARRETILLA, PORCELANA...
* XOGOS MATEMÁTICOS: TANGRAM, ÁBACO, MIKADO...
* OSOS PANDA



GRAN BARRERA DE CORAL


EN AUSTRALIA ATÓPANSE OS ARRECIFES DE CORAL MAIS GRANDES DO MUNDO, FORMANDO UNHA GRAN BARREIRA QUE SE PODE VER DESDE O ESPACIO. 

REALIZAMOS DIFERENTES TAREFAS CUN GRAN OBXECTIVO: CONSTRUIR A NOSA GRAN BARREIRA DE CORAL.
1º - TAREFA GRUPAL NA AULA, PARA VER   DIFERENTES IMAXES DE CORAIS.
2º - TAREFA INDIVIDUAL, ONDE CADA NEN@ DIBUXOU DIFERENTES CORAIS .
   3º - TAREFA EN GRAN GRUPO, COMPARTIDA COS COMPAÑEIROS DE 5 ANOS B,    DIBUXARON NUN PAPEL CONTINUO UN CORAL CADA UN, 
RESPECTANDO OS ESPACIOS E AS CREACIÓNS DOS DEMAIS...






NON PODÍA FALTAR A PLASTILINA, MATERIAL QUE LLES ENCANTA E CO QUE PODEN EXPRESAR E REPRESENTAR O QUE TEÑEN INTERIORIZADO. NESTA OCASIÓN MODELARON FERMOSOS CORAIS...

QUE É UN CORAL


A MAIORÍA DOS NENOS E NENAS PENSAN QUE UN CORAL É UNHA ROCA, ONDE SE ESCONDEN E VIVEN OS PEIXES...SERÁ CERTO?


DESPOIS DE VER ESTE IMPRESIONANTE VIDEO, TERÍA QUE GRABAR AS CARIÑAS DE SORPRESA..OS CORAIS SON ANIMAIS!!

TAMÉN FALAMOS DA CONTAMINACIÓN, QUE REPERCUTE NO AUMENTO DA TEMPERATURA DA AUGA , O QUE FAI QUE OS CORAIS PERDAN AS SÚAS FERMOSAS CORES E SE VOLVAN GRISES E BLANCOS...


20 may 2018

CANGUROS

VOLVEMOS A AUSTRALIA PARA COÑECER OUTRO MARSUPIAL QUE SOAMENTE    HABITA NESTA PARTE DO MUNDO, OS CANGUROS...


TOD@S ESTÁN DACORDO EN QUE OS CANGUROS SALTAN MOITO, E NO DOCUMENTAL DI QUE PODEN DAR SALTOS DE ATA 9 METROS, PERO CANTO É ESO?
A MILLOR MANEIRA DE SABELO E COLLER UN METRO E MEDIR,
 ASÍ O FIXEMOS...
APROVEITAMOS PARA MEDIR CANTOS METROS HAI DESDE A CLASE ATA A BIBLIOTECA, CADA NEN@ UN METRO...DECÁTANSE DE QUE NON CHEGAN....

TAMÉN SALTARON E MEDIRON O SALTO EN CENTÍMETROS, LOGO COMPARAMOS A VER QUEN SALTOU MAIS....MOITOS MAIS DE 100 CM!

17 may 2018

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

DESPOIS DE MOITO ENSAIO E MOITAS EMOCIÓNS, CHEGOU O DÍA DE SUBIR AO ESCENARIO...NORABOA A TODOS E A TODAS, SODES FANTÁSTICOS...TODO SE PODE MILLORAR PERO O IMPORTANTE É QUE DISFRUTAMOS E ENVIAMOS UNHA MENSAXE NA QUE LEVAMOS TRABALLANDO TODO O CURSO ...CADA DÍA:

" VIAXANDO POLO MUNDO
COMPARTIMOS BOS MOMENTOS
AGORA PODEMOS AFIRMAR QUE
TODOS TEMOS NECESIDADES E SENTIMENTOS
E CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE QUE
SOMOS MAIS IGUAIS DO QUE PENSAMOS 
E QUE NON DE DEBEMOS FACER AOS DEMAIS
O QUE PARA NÓS NON DESEXAMOS  "


EQUIPOS ESPECIAIS GARDA CIVIL

O martes fixemos unha saída do cole, cortiña pois só tivemos que cruzar a rúa...pero resultou moi interesante coñecer un pouco mais a fondo algunha das especialidades dos Corpos de Seguridade, concretamente da Garda Civil: cans preparados para rescatar persoas desaparecidas, equipo de mergulladores para buscar nos fondos acuáticos, equipo de desactivación de explosivos, simulacro de rescate en alta montaña...pero aos nenos e nenas encantoulles poder subir nas motos oficiais...
XENIAL!